Apollodorus é un cráter de impacto do planeta Mercurio. Está situado preto do centro de Pantheon Fossae, que é un sistema de radial de grabens e fosas, situado na zona máis interior da Caloris Planitia. O chan, o bordo e paredes de Apollodorus amosan un material de baixo albedo, escavado durante o impacto de debaixo das brillantes chairas volcánicas que cobren a parte central de Caloris.
Actualmente, non se sabe se o cráter desempeñou algún papel na formación do sistema de fosas ou se a súa localización é só unha simple coincidencia, aínda que non aparecen grabens cortando o bordo do cráter, e o material escuro expulsado durante o impacto, cobre parcialmente os grabens, suxerindo que Apolodorus é posterior á formación de Pantheon Fossae. Ademais, o cráter está en realidade un pouco (uns 40 km) desprazado do centro exacto da Fossae.
O cráter recibe o seu nome en honra a Apolodoro de Damasco, que foi o deseñador do Panteón de Roma.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Caloris Planitia Pantheon Fossae
Ligazóns externas
Categoría:Cráteres de Mercurio