OV5 9 (Orbiting Vehicle 5 9) foi un satélite artificial estadounidense lanzado o 23 de maio de 1969 mediante un foguete Titan IIIC desde Cabo Cañaveral.
Características OV5 9 foi un dos membros exitoso da familia de satélites ERS (Environmental Research Satellites), pequenos satélites lanzados como carga secundaria xunto satélites máis grandes para facer probas tecnolóxicas e estudos do contorno espacial. OV5 9 foi lanzado no mesmo foguete que OV5 5 e OV5 6 e estivo adicado ó estudo dos efectos da radiación solar e a magnetosfera terrestre. A nave tivo problemas desde o primeiro día de lanzamento debido a un conmutador e a fallos no sistema de enerxía, devolvendo unha cantidade limitada de datos útiles. O satélite deixou de funcionar en outubro de 1972. OV5 9 foi inxectado nunha órbita inicial de 111.727 km de apoxeo e 16.866 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 32,9 graos e un período de 3119,6 minutos.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Environmental Research Satellites
Categoría:Environmental Research Satellites