Francisco Javier Ozores Pedrosa, nado en Santiago de Compostela en 1878 e finado en Vigo o 15 de agosto 1961La Voz de Galicia, 29-8-1961, p. 6., foi un escritor e político galego.
Traxectoria Fillo de Javier Ozores Losada, conde de Priegue. Estudou no Colexio dos xesuítas de Camposancos entre 1889 e 1895. Colaborou en El Progreso e foi redactor de El Eco de Galicia. Foi secretario da Cámara da Propiedade urbana da Coruña. Membro do Padroado Católico e identificado co maurismo, foi elixido concelleiro pola Liga Católica en maio de 1909, foi nomeado alcalde da Coruña a finais de xuño, pero dimitiu a finais de outubro do mesmo ano. En decembro foi elixido presidente da Liga de Amigos da Coruña. Volveu ser nomeado alcalde en decembro de 1913, e dimitiu en outubro de 1915.
Instalouse no Pazo da Pastora de Vigo. En 1920 fundou a Asociación de antigos alumnos do Colexio de Camposancos, da que foi elixido primeiro Presidente. Foi gobernador civil da provincia de Huelva (1919)El Orzán, 20-4-1919, p.1.. Destacou como investigador e escritor sobre pazos galegos. En 1935 foi elixido presidente do grupo local do Bloque Nacional de VigoNoticia en ABC, 4-7-1935, p. 9.
Obras Los pazos gallegos, 1927 (con José Cao Moure e o Marqués de Quintanar).
Vida persoal Foi pai de Ruy, Álvaro, Lila, Xavier, Cristina e Pastora Ozores Ochoa.
Notas
Categoría:Alcaldes da Coruña Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Gobernadores civís de Huelva Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1878 Categoría:Finados en 1961 Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega