José Ignacio Zubeldia Zaldúa, nado en Donostia o 12 de xaneiro de 1925, é un exfutbolista vasco que xogaba na demarcación de dianteiro. Traxectoria Debutou en Primeira División co Hércules CF na tempada 1945/46 e un ano despois ficha polo Celta de Vigo tras conseguir a carta de liberdade.
Debutou co Celta o 28 de setembro de 1947 fronte ao Real Oviedo con vitoria celeste por 1-2. Esa primeira tempada, na que Zubeldia disputou 17 encontros, o equipo rematou o campionato ligueiro na cuarta praza e chegou ata a final da Copa do Rei, encontro que perdeu ante o Sevilla FC.
Trala marcha do adestrador Ricardo Zamora Zubeldia foi perdendo protagonismo no equipo ata a súa última tempada no equipo, a 1949/50 na que so xogou dous encontros.
Na tempada 1950/51 foi traspasado ao Real Zaragoza por 250.000 pesetas. Co club maño conseguiu o ascenso a Primeira División ao ano seguinte. Finalmente aínda puido xogar en primeira división no CA Osasuna na tempada 1953/54.
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Nados en Donostia Categoría:Nados en 1925 Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Hércules CF Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do Real Zaragoza Categoría:Xogadores do CA Osasuna