O cabaleiro escuro: a lenda renace (en ) é un filme estadounidense dirixido por Christopher Nolan que se estreou no 2012. Estreouse en galego na TVG o 23 de setembro de 2015.
Sinopse Pasaron oito anos dende que Batman desapareceu, deixando de ser un heroe para converterse nun fuxitivo. Ó asumir a culpa da morte do fiscal do distrito Harvey Dent, o Cabaleiro Escuro decidiu sacrificalo todo polo que consideraba, ó igual que o Comisario Gordon, un ben maior. A mentira funciona durante un tempo, xa que a actividade criminal da cidade de Gotham vese aplacada grazas á estrita Lei Dent. Pero todo muda coa chegada dunha astuta gata ladroa que pretende levar a cabo un misterioso plan. Porén, moito máis perigosa é a aparición en escena de Bane, un terrorista enmascarado cuxos desapiadados plans obrigan a Bruce a regresar do seu exilio.
Personaxes Christian Bale como Bruce Wayne / Batman Michael Caine como Alfred Pennyworth Gary Oldman como Comisario James Gordon Anne Hathaway como Catwoman / Selina Kyle Tom Hardy como Bane Marion Cotillard como Talia al Ghul / Miranda Tate Joseph Gordon-Levitt como John Blake Morgan Freeman como Lucius Fox Cillian Murphy como Scarecrow / Dr. Jonathan Crane
Galardóns e nomeamentos 2012: Satellite Awards: Nomeado a Mellor dirección artística e efectos visuais. 2012: Premios BAFTA: Nomeado a mellores efectos especiais visuais. 2012: Asociación de Críticos dos Ánxeles: 2ª posición mellor actriz secundaria (Anne Hathaway). 2012: American Film Institute: Top 10 - Mellores películas do ano. 2012: Critics Choice Awards: 4 nomeamentos, incluíndo mellor filme de acción.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en AllMovie
Categoría:Filmes de 2012 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Christopher Nolan Categoría:Filmes de Legendary Pictures Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes de Syncopy Inc. Categoría:Filmes rodados en Pensilvania Categoría:Filmes rodados nos Ánxeles Categoría:Filmes rodados en Londres Categoría:Filmes rodados en Nova Jersey Categoría:Filmes rodados en Nova York Categoría:Filmes rodados en Glasgow Categoría:Filmes rodados en Rajasthan Categoría:Filmes ambientados en Uzbekistán Categoría:Filmes sobre vinganza Categoría:Filmes sobre terrorismo Categoría:Filmes ambientados en 2014 Categoría:Filmes sobre armas e guerras nucleares Categoría:Secuelas de filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes distribuídos en sistemas IMAX Categoría:Filmes de 2012 con versión en galego