A Quinta República é a quinta e actual constitución republicana de Francia, presentada o 4 de outubro de 1958. A Quinta República xurdiu tralo colapso da Cuarta República, en substitución do anterior goberno parlamentario cun sistema presidencialista. É o terceiro sistema político máis duradeiro da historia de Francia, tras o Antigo Réxime e a Terceira República.
Orixes O detonante do colapso da Cuarta República foi a crise de Alxeria; a pesar dos conflitos e revoltas do proceso de descolonización, África Occidental, Indochina e Alxeria seguían contando con representantes na Asemblea Nacional, nun sistema de sufraxio censatario na Unión Francesa. Alxeria en particular, a pesar de ser a colonia con máis poboación francesa, viu incrementarse a presión para a separación da metrópole. A situación complicouse pola disparidade de opinións da poboación, xa que algúns colonos brancos querían seguir pertencendo a Francia, o que provocou que a guerra de Independencia se converteu non só nun movemento separatista, senón que tamén tivo elementos dunha guerra civil. Complicouse máis a situación cando unha parte do exército francés se revelou e apoiou abertamente a "Alxeria Francesa", movemento para acabar coa separación. Charles de Gaulle, que se retirara da política unha década antes, meteuse no medio da crise, facendo un chamamento á nación para suspender ao goberno e crear un novo sistema constitucional. De Gaulle chegou ao poder pola incapacidade do parlamento para elixir a un goberno, as protestas populares forzaron a última votación do parlamento da Cuarta República, que acordou a disolución desta e un acordo constitucional (Alxeria converteuse nun país independente o 5 de xullo de 1962).
A Cuarta República sufriu unha falta de consenso político, un executivo débil e a rápida formación e disolución de distintos gobernos dende a segunda guerra mundial. Sen partidos ou coalicións capaces de manter unha maioría parlamentaria, os primeiros ministros foron incapaces de arriscar a súa situación política con reformas impopulares. De Gaulle e os seus simpatizantes propuxeron un sistema de presidentes executivos fortes, con mandatos de sete anos. Segundo a constitución proposta, o presidente tería o poder executivo para dirixir o país, xunto co primeiro ministro. O 1 de xuño de 1958, Charles de Gaulle converteuse en presidente; o 3 de xuño de 1958, unha lei constitucional permitiu ao novo goberno redactar unha nova Constitución francesa,Loi du 3 juin 1958 portant dérogation transitoire aux dispositions de l'article 90 de la Constitution, :fr:L'Assemblée nationale and the :fr:Conseil de la République, Journal Officiel de la République Française, 3 June 1958 e outra lei permitiu a Charles de Gaulle e ao seu goberno gobernar por decreto durante un máximo de 6 meses, salvo en determinados asuntos relacionados cos dereitos básicos dos cidadáns (dereito criminal etc.). Estas medidas aprobáronse mediante o Referendo do 28 de setembro de 1958, apoiado por máis dun 80% dos votantes.Proclamation des résultats des votes émis par le peuple français à l'occasion de sa consultation par voie de référendum, le 28 septembre 1958 A nova constitución foi promulgada o 4 de outubro de 1958.Constitution, Journal Officiel de la République Française, 5 October 1958 Debido a que cada nova constitución comporta unha nova república, Francia pasou da Cuarta á Quinta República.
A nova constitución contiña cláusulas transitoria (artigos 90–92) prorrogou o goberno por decreto ata que as novas institucións estiveran operativas. René Coty foi o presidente da república ata que o novo presidente fora proclamado. O 21 de decembro de 1958, Charles de Gaulle converteuse en Presidente de Francia por un colexio electoral.Proclamation des résultats du scrutin du 21 décembre 1958 pour l'élection du Président de la République, Président de la Communauté; text version A Comisión electoral provisional, que actuou no lugar do Consello Constitucional, fixo públicos os resultados o 9 de xaneiro de 1959. O novo presidente comezou o seu mandato ese día, nomeando a Michel Debré como primeiro ministro.
A constitución de 1958 tamén substituíu a Unión Francesa pola Comunidade Francesa, o que permitiu a catorce territorios membros lograr a independenza.Frederick Cooper, "Possibility and Constraint: African Independence in Historical Perspective", Journal of African History 49(2), http://dx.doi.org/10.1017/S0021853708003915 1960 coñeceuse como o "Ano de África", debido á independencia conseguida en varios estados.Abayomi Azikiwe, "50th Anniversary of the 'Year of Africa' 1960", Pan-African News Wire, 21 April 2010.
Evolución O presidente elixiuse inicialmente polos colexios electorais, pero en 1962 de Gaulle propuxo que o elixiran directamente os cidadáns, e convocou un referendo sobre o cambio. Aínda que os métodos empregados por de Gaulle recibiron críticas por parte de todos os grupos políticos excepto os Gaullistas, o cambio aprobouno o electorado francés.Constitutional Council, Proclamation of the results of the 28 October 1962 referendum on the bill related to the election of the President of the Republic by universal suffrage O Tribunal Constitucional non se pronunciou sobre a constitucionalidade do referendo.Constitutional Council, Decision 62-20 DC of 6 November 1962
O presidente pasou a elixirse dende entón cada 5 anos, ata o referendo constitucional do 2000, que o mudou a sete anos o período de elección, para reducir a posibilidade de convivencia, isto é que coincidan no goberno un presidente ou un primeiro ministro dun partido e o outro da oposición, debido á diferenza do período de mandato do presidente e do primeiro ministro. A primeira volta está aberta a todos os candidatos e establece un presdente, se ningún deses candidatos obtén unha maioría absoluta. Se non hai un gañador na primeira volta, os dous candidatos con máis votos van a unha segunda volta.
Na década de 1970 ocorreron dous cambios importantes en canto ao equilibrio de poderes.F. L. Morton, Judicial Review in France: A Comparative Analysis, The American Journal of Comparative Law, Vol. 36, No. 1 (Winter, 1988), pp. 89–110 Tradicionalmente, Francia rexíase de acordo á soberanía parlamentaria: ningunha autoridade podía cuestionar se as leis aprobadas polo Parlamento respetaban os dereitos constitucionais dos cidadáns.M. Letourneur, R. Drago, The Rule of Law as Understood in France, The American Journal of Comparative Law, Vol. 7, No. 2 (Spring, 1958), pp. 147–177 En 1971, o Consello Constitucional, alegando que o preámbulo da Constirución fai referencia aos dereitos recollidos en 1789 na Declaración dos dereitos do home e do cidadán e tamén a Constitución de 1979, concluíu que os estatutos debían respectar eses dereitos e declarou parcialmente inconstitucional unha lei, porque violaba a Liberdade de asociación.Constitutional Council, Decision 71-44 DC of 16 July 1971 Porén, só o Presidente da República, o Primeiro Ministro, e o Presidente de cada Cámara do Parlamento podían solicitar a revisión da constitucionalidade dunha lei, o que reduce en gran medida a posibilidade de revisión, se todos estes cargos políticos son do mesmo partido, que era a situación naquel momento. En 1974 unha emenda constitucional ampliou as persoas que podían pedir a revisión dunha lei a 60 membros da Asemblea Nacional e 60 membros do Senado.Loi constitutionnelle 74-904 du 29 octobre 1974 portant révision de l'article 61 de la Constitution Dende entón a oposición foi capaz de deter polémicas emendas denunciando a súa constitucionalidade.Alain Lancelot, La réforme de 1974, avancée libéral ou progrès de la démocratie ?
Presidentes da Quinta República Os Gaullistas están en azul, os Socialistas en rosa e os centristas en verde azulado.
Presidente Vida de a Partido Charles de Gaulle 1890–1970 8 de xaneiro de 1959 28 de abril de 1969 (dimitiu) UNR despois UDR Alain Poher 1909–1996 28 de abril de 1969 15 de xuño de 1969 (provisional) PDM Georges Pompidou 1911–1974 15 de xuño de 1969 2 de abril de 1974 (morto no cargo) UDR Alain Poher 1909–1996 2 de abril de 1974 19 de maio de 1974 (provisional) PDM Valéry Giscard d'Estaing 1926–2020 19 de maio de 1974 21 de maio de 1981 UDF François Mitterrand 1916–1996 21 de maio de 1981 17 de maio de 1995 Socialista Jacques Chirac 1932– 17 de maio de 1995 16 de maio de 2007 RPR despois UMP Nicolas Sarkozy 1955– 16 de maio de 2007 15 de maio de 2012 UMP François Hollande 1954– 15 de maio de 2012 14 de maio de 2017 SocialistaEmmanuel Macron1977–14 de maio de 2017no cargo
Primeiros Ministros da Quinta República Francesa
Nome Data de comezo Data de fin Partido político Michel Debré 8 de xaneiro de 1959 14 de abril de 1962 Unión pola Nova República Georges Pompidou 14 de abril de 1962 10 de xullo de 1968 Unión pola Nova República Maurice Couve de Murville 10 de xullo de 1968 20 de xuño de 1969 Unión de Demócratas pola República Jacques Chaban-Delmas 20 de xuño de 1969 6 de xullo de 1972 Unión de Demócratas pola República Pierre Messmer 6 de xullo de 1972 27 de maio de 1974 Unión de Demócratas pola República Jacques Chirac (1º vez) 27 de maio de 1974 26 de agosto de 1976 Unión de Demócratas pola República Raymond Barre 26 de agosto de 1976 21 de maio de 1981 Union para a democracia francesa Pierre Mauroy 21 de maio de 1981 17 de xullo de 1984 Partido Socialista Laurent Fabius 17 de xullo de 1984 20 de marzo de 1986 Partido Socialista Jacques Chirac (2º vez) 20 de marzo de 1986 10 de maio de 1988 Reagrupamento pola República Michel Rocard 10 de maio de 1988 15 de maio de 1991 Partido Socialista Édith Cresson 15 de maio de 1991 2 de abril de 1992 Partido Socialista Pierre Bérégovoy 2 de abril de 1992 29 de marzo de 1993 Partido Socialista Édouard Balladur 29 de marzo de 1993 18 de maio de 1995 Reagrupamento pola República Alain Juppé 18 de maio de 1995 3 de xuño de 1997 Reagrupamento pola República Lionel Jospin 3 de xuño de 1997 6 de maio de 2002 Partido Socialista Jean-Pierre Raffarin 6 de maio de 2002 31 de maio de 2005 Unión por un Movemento Popular Dominique de Villepin 31 de maio de 2005 17 de maio de 2007 Unión por un Movemento Popular François Fillon 17 de maio de 2007 15 de maio de 2012 Unión por un Movemento Popular Jean-Marc Ayrault 15 de maio de 2012 31 de marzo de 2014 Partido SocialistaManuel Valls31 de marzo de 20146 de decembro de 2016Partido SocialistaBernard Cazeneuve6 de decembro de 201615 de maio de 2017Partido SocialistaÉdouard Philippe15 de maio de 20173 de xullo de 2020Os RepublicanosJean Castex3 de xullo de 202016 de maio de 2022La République En Marche!Élisabeth Borne16 de maio de 20229 de xaneiro de 2024LREM e RenaissanceGabriel Attal9 de xaneiro de 20245 de setembro de 2024RenaissanceMichel Barnier5 de setembro de 202413 de decembro de 2024François Bayrou13 de decembro de 2024no cargoDVD
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Historia de Francia Marianne
Bibliografía Atkin, Nicholas. The Fifth French Republic (European History in Perspective) (2005) extracto do texto Brouard, Sylvain et al. The French Fifth Republic at Fifty: Beyond Stereotypes (French Politics, Society and Culture) (2009)
Lewis-Beck, Michael S., et al. eds. French Presidential Elections (Palgrave Macmillan; 2012) 232 pages; studies of four presidential contests over the past two decades. Rogoff, Martin A. French Constitutional Law: Cases and Materials (Durham, Carolina Academic Press, 2010. Thody, Philip. The Fifth French Republic: Presidents, Politics and Personalities: A Study of French Political Culture (1998) extracto do texto
Categoría:Historia contemporánea de Francia Categoría:Historia de Francia do século XX Categoría:Historia de Francia do século XXI