San Lucas de Parada da Serra é unha parroquia do concello ourensán da Gudiña na comarca de Viana. Segundo o IGE en 2015 tiña 33 habitantes (21 homes e 12 mulleres) distribuídos en 2 entidades de poboación.
Desde o punto de vista eclesiástico, xunto co lugar de Veiga de Nostre (en Parada da Serra, Castrelo do Val), forma a parroquia eclesiástica de Parada da Serra.
Patrimonio
dereita|miniatura|Brazalete da Urdiñeira. dereita|miniatura|Pulseira da Urdiñeira.
Xunto a Parada, ao pé da cova das Choias, apareceu en 1921 o tesouro da Urdiñeira, datado no final da Idade de Bronce. Está composto por un brazalete e unha pulseira de ouro, xunto cun botón de cobre. Foi atopado pola pegureira Xosefa Gago Fernández, e o cura de Parada vendeullo ao coleccionista Ricardo Blanco-Cicerón a través de Cándido Cid Rodríguez, procurador da diocese de Ourense. O botón ficou no Museo Arqueolóxico de Ourense, e as dúas pezas de ouro foron mercadas por Álvaro Gil Varela, e finalmente polo Museo Provincial de Lugo.
As pezas de ouro foron feitas coa técnica da cera perdida, e están adornadas con figuras xeométricas. O botón, segundo López Cuevillas podería interpretarse como disco solar.
Notas
Lugares e parroquias Lugares de Parada da Serra
Parroquias da Gudiña
Véxase tamén Outros artigos Parada da Serra Parada da Serra, Castrelo do Val
Categoría:Parroquias da Gudiña Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Lucas categoría:parroquias civís galegas que non coinciden coas eclesiásticas