O Partido Republicano de Albania (Partia Republikane e Shqipërisë en albanés) é un partido político conservador de Albania.

Fundado por Sabri Godo e dirixido por Fatmir Mediu dende 1997. Nas eleccións de 2001 formou parte da coalición Unión para a Vitoria (Bashkimi për Fitoren) co Partido Democrático de Albania e outros. Nas eleccións de 2005 conseguiu 11 escanos na Asemblea de Albania, o que o converte na terceira forza do país e forma parte do actual goberno de Albania, o seu líder é ministro de defensa.

Categoría:Partidos políticos de Albania