A Espenuca é un lugar da parroquia de Coirós no concello coruñés de Coirós, na comarca de Betanzos. Segundo o IGE, en 2017 tiña 80 habitantes (40 homes e 40 mulleres). Historia Constituíu parroquia de seu até 1867, cando foi suprimida na reforma parroquial da diocese de Santiago dese ano ó se repartiren os seus lugares entre Coirós e Santiago de Ois. Con todo, seguiu a aparecer nos nomenclátores até o ano 1900 inclusive. Estaba formada polos lugares do Bullo, Caresma, Carretíns, A Espenuca e Lousada. Patrimonio A capela de Santa Baia da Espenuca está situada no cumio do monte da Espenuca. Data do século XII e é de estilo románico. Ten campanario exento, preto do cal hai un cruceiro.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Coirós
Parroquias de Coirós
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Lugares de Coirós Categoría:Parroquias galegas desaparecidas