O Partido Socialista (PS) é un partido político francés de esquerda e centro esquerdaLePolitique.com Partis par ordre de représentativité (nombre d'élus Assemblée & Sénat) Sur le site lepolitique.com. É o partido do presidente entre 2012 e 2017 François Hollande.
O PS ten a súa orixe no pensamento socialista, fíxose cargo da Sección Francesa da Internacional Obreira, fundada en 1905 por Jean Jaurès. O congrès d'Alfortville creou un Novo Partido Socialista en 1969, a SFIO renomeouse como Partido socialista, no congrès de Issy-les-Moulineaux. En 1971, no congreso de Épinay, chamado « congreso de unificación dos socialistas », o PS ampliouse coa integración doutros partidos políticos socialistas.Agás o PSU. Baseou a súa acción política na unión da esquerda e a elaboración dun programa común de goberno co Partido comunista. Designaron como secretario xeral a François Mitterrand, representando á oposición dende 1971 ata 1981 e ao goberno durante os seus dous mandatos de sete anos, dende 1981 ata 1995. Volveu outra vez ao goberno dende 1997 a 2002 (goberno de Jospin) e a partir de 2012, coa vitoria electoral de François Hollande.
Os seus aliados tradicionais son o Partido radical de esquerda, o Partido Comunista Francés, e máis recentemente o Movemento republicano e cidadán e Europa Ecolóxica - Os Verdes. Foi en 2012 o primeiro partido político de Francia en número de votos e o segundo en número de afiliados.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Parti socialiste Parti socialiste, Histoire du PS A declaración de principios do PS Varios blogs e páxinas web dos socialistas franceses
Socialista