O Gran Premio do Reino Unido de 1966 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula Un, celebrada o 16 de xullo de 1966 no Circuíto de Brands Hatch, Kent, Inglaterra. Foi a cuarta carreira do Campionato do Mundo da tempada de .
Foi o 21º Gran Premio do Reino Unido e o segundo, que se celebrou en Brands Hatch. Levouse a cabo sobre 80 voltas ao circuíto de catro quilómetros cunha distancia de carreira de 341 quilómetros.
A carreira, a primeira da nova era da regulación dos motores de tres litros, onde saíron 20 coches, gañouno por terceira vez o piloto australiano Jack Brabham no seu Brabham BT19, a súa segunda vitoria consecutiva logo de gañar o Gran Premio de Francia dúas semanas antes. O piloto neozelandés Denny Hulme terminou segundo no seu Brabham BT20, o primeiro dobrete para o equipo Brabham. A parella terminou unha volta por diante do terceiro piloto o británico Graham Hill no seu BRM P261.
A vitoria de Brabham proporcionoulle dez puntos de vantaxe no campionato sobre o corredor austríaco de Cooper Jochen Rindt con Hulme e Lorenzo Bandini un punto máis atrás.
Resumo da carreira Brabham e Hill loitaron na saída, ata que comezaron as tormentas de choiva no circuíto. Mentres Brabham mantivo a súa vantaxe, Rindt que cambiara a pneumáticos de choiva capturouno con rapidez, mentres que John Surtees no seu Cooper estaba en terceiro lugar, afastado do resto na pista. Hill e Jim Clark loitaron pola segunda e terceira posición ata Clark parou nos pit, Hulme tomou a segunda posición. A medida que a choiva secou, Rindt caeu cara a atrás. Surtees e Hill retiráronse por problemas mecánicos, deixando a Clark en cuarto lugar. Brabham levou a meta o seu compañeiro de equipo Hulme, con Hill, Clark, Rindt e Bruce McLaren detrás.
Clasificación Pos Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 5 Jack Brabham Brabham-Repco 80 2:13:13.4 1 9 2 6 Denny Hulme Brabham-Repco 80 + 9.6 2 6 3 3 Graham Hill BRM 79 + 1 volta 4 4 4 1 Jim Clark Lotus-Climax 79 + 1 volta 5 3 5 11 Jochen Rindt Cooper-Maserati 79 + 1 volta 7 2 6 14 Bruce McLaren McLaren-Serenissima 78 + 2 voltas 13 1 7 7 Chris Irwin Brabham-Climax 78 + 2 voltas 12 8 22 John Taylor Brabham-BRM 76 + 4 voltas 16 9 25 Bob Bondurant BRM 76 + 4 voltas 14 10 19 Guy Ligier Cooper-Maserati 75 + 5 voltas 17 11 24 Chris Lawrence Cooper-Ferrari 73 + 7 voltas 19 NC 21 Bob Anderson Brabham-Climax 70 Non clasificado 10 NC 20 Jo Siffert Cooper-Maserati 70 Non clasificado 11 Ret 12 John Surtees Cooper-Maserati 67 Transmisión 6 Ret 18 Jo Bonnier Brabham-Climax 42 Embrague 15 Ret 2 Peter Arundell Lotus-BRM 32 Caixa cambios 20 Ret 4 Jackie Stewart BRM 17 Motor 8 Ret 17 Mike Spence Lotus-BRM 15 Fuga aceite 9 Ret 16 Dan Gurney Eagle-Climax 9 Motor 3 Ret 23 Trevor Taylor Shannon-Climax 0 Motor 18
Posicións logo da carreira
Clasificación no campionato de pilotos PosPilotoPuntos 10px 1 Jack Brabham 21 10px 3 2 Jochen Rindt 11 10px 5 3 Denny Hulme 10 10px 2 4 Lorenzo Bandini 10 10px 2 5 John Surtees 9
Clasificación do campionato de construtores Pos Construtor Puntos 10px 1 1 Brabham-Repco 21 10px 1 2 Ferrari 21 10px 3 BRM 13 10px 4 Cooper-Maserati 11 10px 1 5 Lotus-Climax 3
Notas: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Notas
Ferrari non participou este fin de semana no Gran Premio en solidariedade coa folga dos metalúrxicos en Italia. Primeiros puntos para McLaren
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Grandes Premios de Fórmula 1 de 1966 Categoría:Gran Premio do Reino Unido de Fórmula 1