Antonio Pérez García, coñecido como Rey, nado en Canaval (Sober) o 25 de febreiro de 1899 e finado na Habana o 5 de abril de 1965, foi un músico e político galego.
Traxectoria Era dono da fábrica de cerámica de Canaval. Fixo estudos musicais no Conservatorio Nacional de Madrid, e aprobou a carreira de piano en só dous exames, obtendo Premio Especial. Dirixiu bandas e orquestras das provincias de Ourense e Lugo, entre elas a Banda de Música de Sober nos anos trinta. Na República militou no Partido Republicano Gallego e foi presidente do Comité Republicano-Agrario de Canaval. Foi alcalde de Sober co triunfo da Fronte Popular en febreiro de 1936. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 logrou fuxir a Cuba disfrazado de cura coa falsa identidade de Antonio Rodríguez Álvarez. Foi xulgado por rebelión e declarado en rebeldía. En Cuba chegou a ser un respectado compositor e pianista.
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Antonio Pérez García “Rei”, alcalde en 1936 Xenocidio galego: a súa expresión en Sober
Categoría:Alcaldes de Sober Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de Cuba Categoría:Nados en Sober Categoría:Nados en 1899 Categoría:Finados en 1965 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes