Eduardo Fidalgo Álvarez, nado en Ourense en 1901, foi un sindicalista e político galego.
Traxectoria Empregado de banca en Ourense, militou no socialismo e foi secretario xeral da Asociación de Traballadores de Banca de Ourense que presidía Juan Manuel González Gándara,La Región, 26-12-1933. e dirixente da Federación Galega de Banca da UGT. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 24 de agosto e ingresou na Prisión Provincial de Ourense.Libro rexistro de filiacións de reclusos de novo ingreso dos anos 1936 a 1937, 1006. Grazas ás xestións do cónsul de Cuba en Vigo que lle concedeu a nacionalidade cubana, foi liberado o 12 de setembro e marchou a Cuba. Instalouse na Habana, onde se vinculou á Casa de la Cultura e participou en actos antifranquistas. Dedicouse aos negocios e montou unha fábrica de chourizos. En 1962 foi elixido vogal da Sociedad de Amistad Cubano-Española.
Vida persoal
Foi pai de Eduardo Fidalgo Cerreda.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Sindicalistas da UGT Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de Cuba Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1901 Categoría:Sindicalistas de Galicia