miniatura|"Freia" (1882) de Carl Emil Doepler. Na mitoloxía nórdica, Fólkvangr ("campo da xente"Orchard (1997:45). ou "campo do exército"Lindow (2001:118).) era o lugar de residencia da deusa Freia en Asgard, o mundo dos Æsir. Freia recibía en Fólkvangr a metade dos caídos en combate, pertencendo a outra metade ó deus Odín. Fólkvangr é mencionado na Edda poética, compilado no século XIII das primeiras fontes tradicionais, e na Edda prosaica, escrito no mesmo século por Snorri Sturluson. De acordo coa Edda prosaica, dentro de Fólkvangr atopábase un salón chamado Sessrúmnir.
Fólkvangr é chamado, onde Freia goberna ós sentados no seu salón. A metade dos caídos escolle cada día, e Odín a outra metade. Gylfaginning, capítulo 24, Edda prosaicaTradución libre de:
A residencia de Freia é listada entre as doce moradas dos deuses no poema Grímnismál da Edda poética.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Lindow, John (2001). Norse Mythology: A Guide to the Gods, Heroes, Rituals, and Beliefs. Oxford University Press. ISBN 0-19-515382-0 Orchard, Andy (1997). Dictionary of Norse Myth and Legend. Cassell. ISBN 0-304-34520-2 Outros artigos Valhalla
Categoría:Lugares da mitoloxía nórdica