miniatura|300px|Odín loitando contra o lobo Fenrir mentres outras deidades combaten no campo de batalla de Vígríðr. Ilustración de Emil Doepler (1905). miniatura|300px|A serpe Jörmungandr enfróntase ó deus Thor, mentres ten lugar a batalla en Vígríðr tras eles. Ilustración de Emil Doepler (1905). Na mitoloxía nórdica, Vígríðr tamén coñecido como Óskópnir, é un gran campo de batalla onde combaterán as forzas dos deuses Æsir e as forzas do xigante Surtr como parte dos eventos do Ragnarök. O lugar cítase na Edda poética, compilada no século XIII de anteriores obras literarias, así como na Edda prosaica, ambas escritas polo poeta islandés Snorri Sturluson. A Edda poética menciona brevemente o campo de batalla onde ambas partes se enfrontaban, mentres que a Edda prosaica ofrece unha información máis ampla, anticipando que é un lugar onde morrerán moitas deidades (e os seus inimigos) antes que o mundo sexa engulido polo lume e renaza,
Etimoloxía No antigo nórdico, Vígríðr significa "lugar onde se celebra a batalla".Orchard, Andy (1997). Dictionary of Norse Myth and Legend. Cassell. ISBN 0 304 34520 2 p. 175Simek, Rudolf (2007) translated by Angela Hall. Dictionary of Northern Mythology. D.S. Brewer. ISBN 0-85991-513-1 p.361 A orixe do outro nome, Óskópnir aínda é obxecto de debate, pero decántase cara "a (aínda non) orixinada",Simek, Rudolf (2007) translated by Angela Hall. Dictionary of Northern Mythology. D.S. Brewer. ISBN 0-85991-513-1 p.254 "sen celebrar"Bellows, Henry Adams (Trad.) (1923). The Poetic Edda. American-Scandinavian Foundation p.376 ou "sen facer".Larrington, Carolyne (Trans.) (1999). The Poetic Edda. Oxford University Press. ISBN 0-19-283946-2 p.160
Notas
Véxase tamén Outros artigos Harmaguedón
Categoría:Lugares da mitoloxía nórdica