O Gran Premio de Italia de Fórmula 1 de (formalmente o XXXVII Gran Premio d'Italia) celebrouse en Monza o 4 de setembro de 1966.

Foi a sétima rolda da tempada de Fórmula Un de . A carreira foi a 37º Gran Premio de Italia e o 32º, que se celebraba en Monza. A carreira levouse a cabo sobre 68 voltas ao circuíto de cinco quilómetros cunha distancia de carreira de 391 quilómetros.

A carreira foi gañada polo piloto italiano Ludovico Scarfiotti pilotando un Ferrari 312 na súa única vitoria nun Gran Premio. Scarfiotti gañou ao seu compañeiro de equipo, o británico Mike Parkes por cinco segundos. Parkes bateu ao piloto neozelandés Denny Hulme no seu Brabham BT20, por menos de medio segundo.

O líder por puntos no campionato Jack Brabham detívose cunha fuga de aceite no seu Brabham BT19 na sétima volta, conseguiu o seu terceiro campionato mundial, sendo o único piloto en converterse en campión do mundo nun coche da súa propia marca, cando o seu único posible rival John Surtees detívose cunha fuga de combustible no seu Cooper T81 24 voltas máis tarde.

Informe da carreira

Jack Brabham era o favorito con máis probabilidades para gañar o campionato, só John Surtees podía superalo, e só gañando as tres últimas carreiras. Non puido facelo por unha impresionante actuación dos pilotos de Ferrari no seu circuíto de casa. Honda trouxera un novo motor V12 de 3 litros e 370 CV para Richie Ginther, mentres que Dan Gurney tiña o seu motor Weslake e Graham Hill tiña o BRM H16. Lorenzo Bandini e Mike Parkes lideraron desde o inicio, o motor de Hill rompeu na primeira volta, seguido do abandono de Jackie Stewart na volta 5 cunha fuga de combustible, e logo de Brabham na volta 8 cun fallo de motor que recubriu o coche en aceite. Jim Clark no Lotus H16 movíase con forza a través da pista. Na volta 17, Richie Ginther tivo un terrible accidente, estrelándose fortemente contra as árbores e foi moi afortunado de saír con vida. Cando Clark entrou en boxes, Ludovico Scarfiotti, Parkes, Surtees disputaron o liderado ata que Surtees se retirou co tanque de gasolina roto que derramaba gasolina sobre os seus pneumáticos e poñía fin ás súas posibilidades no campionato. Denny Hulme avanzaba a través da pista no terceiro lugar. Pero a carreira foi para Scarfiotti, convertendose no primeiro italiano en gañar cun Ferrari en Monza desde Alberto Ascari en . Parkes completou a ledicia de Ferrari, xa que superou a Hulme en 0´3 segundos, acadando o segundo lugar. No medio de todas as celebracións, Jack Brabham coroouse campión.

Clasificación Pos Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 6 Ludovico Scarfiotti Ferrari 68 1:47:14.8 2 9 2 4 Mike Parkes Ferrari 68 + 5.8 1 6 3 12 Denny Hulme Brabham-Repco 68 + 6.1 10 4 4 16 Jochen Rindt Cooper-Maserati 67 + 1 volta 8 3 5 42 Mike Spence Lotus-BRM 67 + 1 volta 14 2 6 40 Bob Anderson Brabham-Climax 66 + 2 voltas 15 1 7 48 Bob Bondurant BRM 65 + 3 voltas 18 8 24 Peter Arundell Lotus-BRM 63 Motor 13 9 20 Geki Lotus-Climax 63 + 5 voltas 20 NC 44 Giancarlo Baghetti Ferrari 59 Non clasificado 16 Ret 22 Jim Clark Lotus-BRM 58 Caixa de cambios 3 Ret 36 Jo Siffert Cooper-Maserati 46 Motor 17 Ret 2 Lorenzo Bandini Ferrari 33 Encendido 5 Ret 14 John Surtees Cooper-Maserati 31 Fuga gasolina 4 Ret 18 Richie Ginther Honda 16 Accidente 7 Ret 10 Jack Brabham Brabham-Repco 7 Fuga aceite 6 Ret 30 Dan Gurney Eagle-Weslake 7 Motor 19 Ret 28 Jackie Stewart BRM 5 Fuga gasolina 9 Ret 38 Jo Bonnier Cooper-Maserati 3 Acelerador 12 Ret 26 Graham Hill BRM 0 Motor 11 NSC 34 Phil Hill Eagle-Climax NSC 32 Chris Amon Brabham-BRM

Posicións logo da carreira

Clasificación no campionato de pilotos PosPilotoPuntos 10px 1 Jack Brabham 39 10px 2 2 Jochen Rindt 18 10px 1 3 Graham Hill 17 10px 1 4 John Surtees 15 10px 5 Jackie Stewart 14

Clasificación do campionato de construtores Pos Construtor Puntos 10px 1 Brabham-Repco 40 (43) 10px 2 Ferrari 31 (32) 10px 3 BRM 22 10px 4 Cooper-Maserati 20 10px 5 Lotus-Climax 7

Notas: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación. Só os 5 mellores resultados contan para o Campionato. Os números sen paréntese son os puntos do campionato, os números entre paréntese son o total de puntos anotados.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

Italia Categoría:Gran Premio de Italia de Fórmula 1