miniatura|Physalia physalis, un típico organismo pleustónico. miniatura|Dous pitas cegas. miniatura|Azolla caroliniana.

En ecoloxía denomínase pleusto ou pleuston,RAG/ILG (2003): Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego, 18ª ed., § 9.16. «Existe ademais un grupo de palabras cultas coa terminación -on átona: canon, colon, corion, décathlon, épsilon, ípsilon, micron, epíploon, cripton, isquion, necton, neon, newton, ómicron, párkinson, radon, taxon, telson».O termo necton vén do grego νηκτόν nēkton, "acto de nadar", "natación".O termo pleuston vén do grego πλευστόν pleuston, "flotante". do grego πλευστόν pleustón "flotante", ao conxunto dos organismos que viven na delgada capa superficial existente na interface auga-aire dun corpo de auga, ou vivindo directamente sobre a tona da auga, e cuxos desprazamentos están fundamentalmente determinadas polo vento.

Primeiro uso O termo pleusto, creado como analoxía lingüística de plancto, foi introducido na literatura científica por Carl Schroeter e Oskar Kirchner,Stefan Nehring e Ute Albrecht (1997): "Benthos und das redundante Benthon: Neologismen in der deutschsprachigen Limnologie", Lauterbornia 31: 17-30. nun artigo publicado en 1896 sobre a vexetación do lago Constanza (Bodensee).Schröter, C. & O. Kirchner (1896): "Der "Bodenseeforschungen" neunter Abschnitt: Die Vegetation des Bodensees, 1. Teil". Schriften des Vereins für Geschichte des Bodensees und seiner Umgebung, 25: 1-112.

Descrición O concepto de pleusto está, en xeral, circunscrito aos organismos macroscópicos, ou agregados de organismos microscópicos que formam estruturas macroscópicas, incluíndo organismos que viven literalmente na interface aire-auga e que por esta razón dependen fundamentalmente da interrelación entre o corpo de auga e a atmosfera, e de fenómenos de fronteira como a tensión superficial.

Dado que os organismos do pleuston poden, en todo ou en parte, sobresaír da auga, son en xeral moi dependentes das correntes e dos ventos, nalgúns casos navegando a vela literalmente, a favor dos ventos e das correntes.

A pesar das semellanzas, e das fronteiras conceptuais relativamente indefinidas entre ambos os grupos, se o comparamos co neusto, o pleusto é moito máis susceptíbel á deriva inducida polo vento do que polas correntes.

Aínda que o neusto sexa xeralmente entendido como a comunidade de organismos que viven no interior da masa de auga xunto á superficie, a delimitación da fronteira co concepto de pleuston non está establecida polo de agora de forma consistente.

Un exemplo típico dun organismo pleustónico que vive literalmente veleando é a carabela portuguesa (Physalia physalis). Aínda que dotados de movementos propios e da capacidade de moverse sobre a película superficial, os insectos da familia dos Gerridae (Gerromorpha), os zapateiros, que dependen da tensión superficial, son outro exemplo de organismo pleustónico.

De acordo con Adolf Steuer,Adolf Steuer (1936): "Die Entwicklung der deutschen marinen Planktonforschung. Zu Ernst Hentschels sechzigstem Geburtstag" Die Naturwissenschaften. Wochenschrift für die Fortschritte der reinen und der angewandten Naturwissenschaften, '9: 28. o pleuston diferénciase na acepción de Ernst Hentschel en: Planctopleusto: algas flotantes, medusas, salpas e organismos semellantes; Nectopleusto: cetáceos, peixes voadores, tartarugas mariñas; Pteropleusto: aves mariñas.

Exemplos Exemplos de organismos pleustónicos son algunhas cianobacterias que forman masas flotantes, algúns gasterópodos, a carabela portuguesa (Physalia physalis), os fieitos dos xéneros Azolla e Salvinia e as plantas fanerógamas dos xéneros Lemna, Wolffia, Pistia, Eichornia e Hydrocharis, entre outros.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Pleuston na Encyclopædia Britannica.

Categoría:Ecoloxía Categoría:Termos botánicos Categoría:Termos zoolóxicos Categoría:Plantas acuáticas