Para outro tipo de fractura no úmero: Fractura umeral
200px|miniaturadaimagem|Úmero humano. A diáfise umeral é a parte alongada e fina do óso.
A fractura da diáfise umeral é unha fractura que afecta á parte diafisaria do óso do mesmo nome, o úmero. O tratamento deste tipo de fracturas adoita ser ortopédico. Soamente nos casos máis graves o tratamento é mediante cirurxía. A fractura diafisaria do terzo medio en persoas novas é unha das indicacións de tratamento cirúrxico. Tamén son subsidiarios de tratamento cirúrxico as persoas obesas, xa que o tratamento ortopédico nestes doentes sería de moi difícil control.
As fracturas da diáfise umeral poden presentar adoito moitas complicacións, xa que por este óso pasan nervios, arterias e veas importantes para o organismo. O principal problema neste tipo de fracturas é a lesión do nervio radial
Categoría:Fracturas