Eloy Castro Dorrego, nado no Páramo o 10 de setembro de 1900 e finado en Madrid o 21 de xuño de 1950, foi un industrial e político galego.

Traxectoria Na República foi secretario do Comité Republicano do Valadouro e Alfoz do Castrodouro presidido por Rafael Cuadrado Sierra constituído no Valadouro en maio de 1931.El Pueblo Gallego, 26-5-1931, p. 12. Militou en Izquierda Republicana e foi elixido alcalde de Alfoz polos membros da comisión xestora en abril de 1936. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido en agosto. Ingresou na Prisión de Lugo o 24 de outubro de 1937 e trasladado á Prisión da Coruña en novembro.Expediente procesual de Eloy Castro Dorrego Xulgado na Coruña por auxilio á rebelión o 10 de abril de 1938 con José Sánchez Gacio, José Ramón Villamarín Pallín, Guillermo Otero Villalba, Francisco García Martínez, Alfredo Martínez Martínez, Graciano Leivas Freire, Germán Fanego Salaverri, Patricio Vijande Villar, Constantino Sánchez Gacio e Emilio González Valoria, foi condenado a 12 anos e un día de prisión. Volveu ser detido en outubro de 1944 con José Otero Folgueira, José Otero Coldeira, Maximino García González, Antonio Mourelle López e José Mourelle Val, por lle axudar ao grupo do Gardarríos; encartado na causa 425/44 por "auxilio a bandas de atracadores", foi xulgado en consello de guerra en Lugo o 26 de xuño de 1947 e condenado a tres anos de prisión.Expediente procesual de Eloy Castro Dorrego Durante a permanencia en prisión estivo un tempo internado no Hospital de San José de Lugo. Saíu en liberdade condicional o 15 de febreiro de 1949.Expediente procesual de Eloy Castro Dorrego Finou en Madrid o 21 de xuño de 1950.Necrolóxica en El Progreso, 27-7-1950, p. 3

Vida persoal

Casou con María de los Dolores Casabella Santos e foi pai de Ana María, Nestor, Eloy, Emma, Samuel, María del Carmen e Jesús Castro Casabella.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Ficha en Represión franquista en Lugo

Categoría:Alcaldes de Alfoz do Castrodouro Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados no Páramo Categoría:Nados en 1900 Categoría:Finados en 1950