Are You Experienced é o álbum de estrea da banda anglo/estadounidense de rock The Jimi Hendrix Experience. Publicado o 12 de maio de 1967, foi o primeiro LP para o selo Track Records. O disco destacou a base R&B de Hendrix, a súa psicodelia, e o seu xeito de tocar a guitarra eléctrica con distorsión e retroalimentació, e converteuno nunha estrela internacional.
Are You Experienced vén sendo un éxito comercial e de crítica dende o seu lanzamento. O álbum acadou o número 2 no Reino Unido, tras o disco dos Beatles Sgt. Pepper's Lonely Hearts Club Band. A versión estadounidense do traballo contén algunhas das cancións máis coñecidas de Hendrix, como "Purple Haze", "Hey Joe", "The Wind Cries Mary" e "Fire". No ano 1987, como parte do seu 20 aniversario, a revista Rolling Stone situouna no número 5 da súa lista dos "100 mellores álbums dos últmos vinte anos". No 2003 foi colocado no númeor 15 da lista dos "500 mellores álbums de todos os tempos" da mesma revistaRolling Stone - 500 Greatest Albums of All Time.
Listaxe de cancións
Notas
Categoría:Álbums de The Jimi Hendrix Experience Categoría:Álbums musicais de 1967 Categoría:Álbums de estrea