Juan Pla Zubiri, nado en Viveiro o 13 de febreiro de 1874 e finado en Manresa en abril de 1936, foi un rexistrador e escritor galego.

Traxectoria Fillo de Juan Pla Sampedro. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e na Universidade de Valladolid onde se licenciou. Aprobou as oposicións a rexistrador da propiedade e foi destinado á Pobra de Trives en 1905, onde casou con Estrella Cortiñas. Posteriormente foi rexistrador de Negreira (1908), A Guarda, Xixona, Igualada (1929) e Manresa (provincia de Barcelona). Colaborou en Heraldo de Vivero e El Vivariense e publicou poemas en Eco de Galicia, Galicia Moderna e Vida Gallega. miniatura|esquerda

Obras Letra da música "Morriña, melodía gallega" do compositor Ricardo Courtier.Biblioteca Digital Hispánica Biblioteca Nacional de España. A tola de Covas, 1917, Madrid (poesía), con prólogo de Antonio Rey Soto.Establecimiento tipográfico "La Itálica". Calle de Velarde, número 12. Desengano, abril de 1926, A Coruña (prosa), n.º 20 da colección Lar.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Poetas en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Viveiro Categoría:Nados en 1874 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade de Valladolid Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público