El Eco de Vivero foi un semanario editado en Viveiro de 1888 a 1908.

Historia e características Subtitulado Periódico de intereses locales, apareceu o 29 de xullo de 1888. O seu fundador e propietario foi Teodoro Botino Castro, e posteriormente pasou a mans de T. Ignacio Botino Gayoso. Foi dirixido por Severiano López Tojo, ao que sucederon Plácido Moas Cotilla e Jesús Noya González. Entre os seus colaboradores figuraban Camelia Cociña, Emilio Tapia Rivas, Alfredo García Dóriga, Antonio Noriega Varela, Víctor de Silva Posada e José Pérez Barreiro. No ámbito político foi rival de El Vivariense, periódico caciquil. Tiña seccións dedicadas á historia local e á literatura e destacou como publicación cultural. Cando Jesús Noya se fixo coa dirección foi publicando en forma de folletín os Apuntes para la historia de Vivero. Cesou a súa publicación o 26 de decembro de 1908. Foi substituído por La Voz de Vivero.

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Lugo

Categoría:Prensa escrita de Viveiro Categoría:1888 en Galicia Categoría:Xornais en lingua castelá