Víctor Martínez Rodríguez, nado en Lugo cara a 1909 e finado na mesma cidade o 22 de maio de 1937, foi un avogado e político galego.

Traxectoria Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela en 1931, foi secretario xeral da FUE.El Pueblo Gallego, 17-6-1931, 7. Avogado establecido en Monforte de Lemos, militou na ORGA e despois integrouse en Izquierda Republicana da que foi elixido presidente da agrupación local en 1935. En marzo de 1936 foi nomeado concelleiro e elixido tenente alcalde de Monforte.La Voz de Galicia, 13-6-1936, p. 2. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 3 de agosto e xulgado en Lugo por rebelión militar. Condenado á pena de morte, foi fusilado o 22 de maio de 1937.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en Represión franquista en Lugo

Categoría:Avogados de Lugo Categoría:Concelleiros de Monforte de Lemos Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1900 Categoría:Finados en 1937