Franz Ferdinand é o álbum de estrea da banda escocesa de indie rock Franz Ferdinand, editado o 9 de febreiro do 2004 a través do selo Domino Records. Entrou na lista británica de álbums no número 3, e contén tres sinxelos que entraron no top ten británico: "Take Me Out", "This Fire" e "The Dark of the Matinée". Dende o seu lanzamento o disco leva vendidos 3,6 millóns de copias en todo o mundo, 1,27 millón delas no Reino Unido e polo menos 1 millón nos Estados Unidos.
Listaxe de cancións Voces principais por Alex Kapranos agás onde se indique.
Edición limitada en digipak cun disco ao vivo extra A edición limitada, editada primeio no Reino Unido, viña nun digipak cun disco extra con todas as cancións gravadas ao vivo en The Paradiso en Ámsterdam:
Disco extra da edición limitada No continente europeo e nos Estados Unidos, publicouse unha edición limitada do álbum a finais do ano 2004, contendo o disco normal do álbum (en cor branca), coa listaxe de abaixo, pero tamén cun disco extra (en cor negra), coa versión regravada de "This Fire" titulada "This Fffire" e catro caras-b. Os temas "Van Tango" e "Shopping for Blood" foron caras-b do sinxelo "Darts of Pleasure", mentres que "All for You, Sophia" e "Words So Leisured" de "Take Me Out".
A versión australiana deste disco extra contén só tres das cancións de arriba.
Notas
Categoría:Álbums de Franz Ferdinand Categoría:Álbums musicais de 2004 Categoría:Álbums de Domino Records