Explorer 3, tamén coñecido como 1958 Gamma 1, foi un satélite artificial estadounidense lanzado o 26 de marzo de 1958 mediante un foguete Juno I desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral.

Características Explorer 3 foi lanzado como contribución ó Ano Xeofísico Internacional (IGY) a unha órbita excéntrica para continuar os experimentos iniciados por Explorer 1. A bordo levaba un tubo Geiger como contador de raios cósmicos e un detector de micrometeoritos. O satélite estabilizábase por rotación e levaba a bordo unha grabadora de cinta para almacenar os datos de cada órbita. Reentrou na atmosfera o 28 de xuño de 1958.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Explorer 1

Categoría:Programa Explorer