O Estadio Ciudad de Tudela, coñecido como Estadio Municipal José Antonio Elola ata 2012, é un estadio de fútbol da cidade de Tudela, en Navarra. Foi inaugurado en 1969 e serve de localía ao Club Deportivo Tudelano.

Historia Foi inaugurado o 17 de agosto de 1969. Ese día, ás cinco e media da tarde polo novo estadio desfilaron todas as seccións deportivas da cidade, fíxose a bendición do estadio e falaron as diferentes autoridades presentes. Asistiron o alcalde do concello, Rafael Añón e José Antonio Elola, ex-delegado nacional de Educación Física e Deportes que deu nome ao estadio. O partido de inauguración entre o Tudelano e Osasuna acabou con empate a un.

En febreiro de 2012 o Estadio José Antonio Elola pasou a chamarse Ciudad de Tudela, por decisión do Pleno do Concello de Tudela pola aplicación da lei de Memoria Histórica.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial do CD Tudelano

Ciudad de Tudela Categoría:Deporte en Tudela