Ruby Sparks é un filme estadounidense dirixido por Jonathan Dayton e Valerie Faris que se estreou no 2012.

Sinopse Historia dun escritor que se namora dun dos seus personaxes femininos. Calvin Weir-Fields (Paul Dano) foi un neno-prodixio, cuxa primeira novela tivo un grande éxito. Pero, dende entón, sofre un sistemático bloqueo creativo agravado pola súa deprimente vida amorosa. Finalmente, consegue crear unha personaxe feminina, Ruby Sparks (Zoe Kazan), que acaba materializándose e compartindo a vida con el.

Personaxes Paul Dano como Calvin Weir-Fields Zoe Kazan como Ruby Tiffany Sparks Antonio Banderas como Mort Steve Coogan como Langdon Tharp Elliott Gould como Dr. Rosenthal Chris Messina como Harry Deborah Ann Woll como Lila Alia Shawkat como Mabel Toni Trucks como Susie Aasif Mandvi como Cyrus Modi

Galardóns e nomeamentos 2012: Independent Spirit Awards: Nomeado a mellor guión.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 2012 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Jonathan Dayton e Valerie Faris Categoría:Filmes de Fox Searchlight Pictures Categoría:Filmes rodados nos Ánxeles Categoría:Filmes sobre escritores