The Italian Job é un filme estadounidense dirixido por F. Gary Gray que se estreou no 2003. Baséase no filme británico de 1969 The Italian Job de Troy Kennedy Martin.

Sinopse John Bridger (Donald Sutherland) fala coa súa filla Stella (Charlize Theron) por teléfono para anunciarlle que ese sería o seu derradeiro roubo. Máis tarde, John queda co planificador, Charlie (Mark Wahlberg), para falar sobre o roubo. Ambos son bos amigos e teñen un gran respecto o un polo outro.

O grupo encabezado por Charlie estaba formado polo infiltrado Steve (Edward Norton), o xenio da informática Lyle (Seth Green), Rob (Jason Statham) como condutor, Oído esquerdo (Mos Def) o experto en explosivos e John, que era o encargado de rebentar a caixa forte. O plan era perfecto, polo que o roubo en Venecia foi como se agardaba, a euforia invade a tódolos presentes durante un curto período de tempo. Entón decátanse de que un dos membros do grupo, Steve, traizoou ó resto para quedar con todo o ouro, acto que acaba coa vida de John. Tempo despois, o grupo localiza a residencia de Steve, e con Charlie ó mando deciden xogarlle o mesmo xogo, polo que recorren a Stella, a filla de John, para dar un golpe que lles permita reembolsar os cartos perdidos e de paso vingarse pola morte de John.

Personaxes Mark Wahlberg como Charlie Croker Charlize Theron como Stella Bridger Edward Norton como Steve Jason Statham como Handsome Rob Seth Green como Lyle "Napster" Mos Def como "Oído esquerdo" Franky G como Wrench Olek Krupa como Mashkov Donald Sutherland como John Bridger

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en AllMovie

Categoría:Filmes de 2003 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Paramount Pictures Categoría:Filmes rodados nos Ánxeles Categoría:Filmes sobre vinganza Categoría:Filmes sobre automóbiles Categoría:Filmes rodados en Venecia Categoría:Filmes ambientados en Venecia