A Praia de Cesantes ou Praia da Punta é un areal galego situado no tramo de costa da parroquia de Cesantes, en Redondela, na enseada de San Simón, no fondo da ría de Vigo. As súas augas, tranquilas e libres das ondas propias do Atlántico, fan que esta praia sexa frecuentada na práctica de deportes acuáticos coma o wíndsurf ou o kytesurf.
É un espazo protexido co fin de recuperar as especies vexetais orixinarias da zona. Tamén ten un paseo marítimo e acceso para discapacitados.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén Outros artigos Rede Natura 2000 Ligazóns externas Concello de Redondela
Cesantes Categoría:Enseada de San Simón