Khabarovsk é unha cidade industrial rusa, situada no krai de Khabarovsk, onde se xuntan os ríos Amur e Ussuri, a 30 quilómetros da fronteira coa República Popular da China. Cunha poboación de 577.668 habitantes, trátase da segunda cidade máis poboada do leste ruso por detrás de Vladivostok. É a capital do Extremo Oriente Ruso.
Malia que a cidade foi fundada en 1858, recibe o nome do explorador cosaco Yerofey Khabarov, quen construíu un campamento no lugar no século XVII.
Galería
Véxase tamén
Outros artigos Amur Khabarovsk - Equipo da Kontinental Hockey League.
Categoría:Cidades de Rusia