Creep é un filme de terror británico dirixido por Christopher Smith que se estreou no 2004. Estreouse en galego na TVG o 25 de febreiro de 2009.
Sinopse Sen un só taxi libre no West End de Londres, Kate decide coller o metro. Ó estar un pouco bébeda, agarda nun banco da plataforma, pero acaba quedando durmida. Cando esperta decátase de que todo o mundo desapareceu. Presa do pánico, intenta saír da estación, pero todas as saídas están pechadas. De súpeto, un tren chega á parada e ela monta nel malia que o vagón está completamente baleiro. O seu acougo ante o que semella o seu regreso a casa transfórmase en arrepío cando o convoi se detén na metade do túnel e o seu vagón queda a escuras. Kate está a piques de enfrontarse a unha serie de sucesos aterrecedores que porán a proba a súa resistencia e a súa mente ata o límite.
Personaxes Franka Potente como Kate Vas Blackwood como George Ken Campbell como Arthur Jeremy Sheffield como Guy Paul Rattray como Jimmy Kelly Scott como Mandy Joe Anderson como Modelo masculino Sean Harris como Craig, o "Creep"
Galardóns e nomeamentos 2004: Festival de Sitges: Sección oficial longametraxes a concurso.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb
Categoría:Filmes de 2004 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes de Alemaña Categoría:Filmes dirixidos por Christopher Smith Categoría:Filmes de terror con animais