O viaduto de Pontevedra é unha das dúas pontes ferroviarias que atravesan o centro da vila pontevedresa de Redondela, xunto co viaduto de Madrid. Foi inaugurado no ano 1884 polo enxeñeiro e arquitecto Mariano Carderera Ponzán (1846-1916), oito anos despois da inauguración do viaduto de Madrid. Forma parte da vía ferroviaria galega, soportando a pasaxe de convois rexionais da liña Vigo-A Coruña.

No ano 1978 abriuse un expediente para declaralos Ben de Interese Cultural pero aínda non foi resolto .

Historia miniatura|esquerda|Viaduto de Pontevedra a finais do século XIX. O viaduto de Pontevedra erixiuse en Redondela sobre o barrio da Esfarrapada, un barrio mariñeiro que perdeu tal condición coa canalización e desaparición da marisma e o esteiro do río Alvedosa. O viaduto ideouse para salvar a pequena distancia que supoñía o val que formaba tal marisma entre dúas pequenas lombas.

O enxeñeiro responsábel da obra foi Mariano Cardedera, e os traballos de montaxe da estrutura metálica correron a cargo dos enxeñeiros Luis Wirtz e Felipe Auguste Cazaux, os cales tamén foron os encargados da montaxe da Ponte Vella Internacional Tui-Valença. A empresa construtora, La Maquinista Terrestre Marítima, tiña sede en Barcelona.

As obras iniciáronse en 1881 e a ponte inaugurouse o 30 de xuño de 1884, coincidindo coas festas do Corpus Christi en Redondela. Posteriormente leváronse a cabo diferentes traballos de mellora, rehabilitación e mantemento do viaduto. A primeira foi entre 1990 e 1991, e ulteriormente entre 2017 e 2018.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Viaduto de Madrid

Ligazóns externas Páxina web de patrimonio cultural no sitio web do concello de Redondela.

Categoría:Arquitectura en Redondela Categoría:Viadutos Categoría:Monumentos do Camiño Portugués Categoría:Ferrocarril en Galicia