Endrit Reshit Krasniqi, nado o 26 de outubro de 1994 en Suva Reka, é un futbolista profesional de Kosovo, con nacionalidade tamén albanesa.Recomendóuselle adquirir outra nacionalidade máis para xogar en España, xa que este país non recoñece a independencia de Kosovo de Serbia.
Traxectoria Nacido en Suva Reka, Kosovo, é un dianteiro centro, aínda que tamén pode xogar polas bandas, criado no KF Malisheva e posteriormente no KF 2 Korriku de Pristina. Durante a celebración dun torneo internacional en Albania foi descuberto por José Carlos García Durán quen avisou a Josep Maria Fusté, un dos "culpables" da chegada de Lionel Messi ao FC Barcelona, que deu a conformidade para que pasase a formar parte do FC Barcelona. Por iso o xogador é chamado ás veces pola prensa como "o novo Messi dos Balcáns".O novo Messi dos Balcáns?
Internacional coas categorías inferiores da , Fusté púxose en contacto co representante de xogadores José María Minguella, coñecido ex-representante de xogadores e ex-directivo do FC Barcelona, quen o recomendou ao adestrador do Club Deportivo Lugo Quique Setién. Tralo visto e prace do director deportivo dos albivermellos, Carlos Mouriz, pasou a formar parte dos adestramentos do Lugo para posteriormente asinar un contrato de longa duración que o une ao club galego durante dúas tempadas e media até 2015. Fala inglés, alemán e albanés. Ás veces figura erroneamente o seu nome nos medios como Krasniqi Endurit. Tras un tempo no club non consegue xogar ningún partido oficial, xogando tan só algún amigábel, saíndo finalmente do club.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Vídeo de Endrit Klasniqi en YouTube Información sobre Niqi en Albivermello.com Información sobre Niqi en Fútbol de Lugo
Categoría:Nados en 1994 Categoría:Nados en Kosovo Categoría:Futbolistas de Kosovo Categoría:Futbolistas de Albania Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do KF 2 Korriku Categoría:Xogadores do CD Lugo