El Farol foi un semanario publicado en Mondoñedo a partir do 29 de abril de 1886.Teijeira & Torre (1997), p. 159 Foi o primeiro periódico republicano aparecido en Mondoñedo. Historia e características Subtitulado Periódico verdaderamente serio, aunque parezca broma, apareceu o 29 de abril de 1886. Imprimiuse en Madrid, na imprenta Iniesta (do número 1 até o 14) e a partir de agosto pasou aos talleres de Teolindo Botín, de Viveiro.
Publicación satírica republicana, foi fundado e dirixido por José López, e o redactor era Robustiano Sánchez Marroquín. Incluíu textos literarios e críticas sobre acontecementos políticos e sociais da vila. Malia a estar en castelán, tamén incluíu textos en galego de Curros Enríquez e Rosalía de Castro. Tamén colaboraron Valentín Lamas Carvajal e Luís Pintos Amado.Teijeira & Torre (1997), p. 161 Na derradeira páxina, incluía unha ficha de afiliación á República.
Cesou a súa publicación o 28 de novembro de 1886.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Prensa escrita de Mondoñedo Categoría:1886 en Galicia Categoría:Xornais de Galicia desaparecidos