William Darrell Mays, Jr. nado en McKees Rocks (Pensilvania) o 20 de xuño de 1958 e finado en Tampa (Florida) o 28 de xuño de 2009, foi un actor e vendedor televisivo estadounidense. Ó longo da súa carreira, promoveu unha ampla variedade de produtos, incluíndo OxiClean, Orange Glo, Kaboom e Zorbeez. As súas promocións emitíronse principalmente en Home Shopping Network a través da súa compañía, Mays Promotions, Inc.
Mays e o seu compañeiro Anthony Sullivan tamén protagonizaron PitchMen, unha serie de televisión de Discovery Channel que documenta o seu traballo. A súa distintiva barba, vestimenta e apaixonados argumentos de venda convertérono nunha recoñecida presenza televisiva nos Estados Unidos e no Canadá.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Personalidades da televisión Categoría:Nados no condado de Allegheny, Pensilvania Categoría:Nados en 1958 Categoría:Finados en 2009