Shamsuddin Amiri, nado o 12 de febreiro de 1985 en Cabul é un futbolista afgán que xoga na demarcación de dianteiro. Na actualidade é o xogador con máis encontros disputados coa Selección de fútbol de Afganistán.

Traxectoria Futbolisticamente debutou na liga de Paquistán en 2002 no PTV Islāmabād, para ao cabo dun ano volver a Afganistan a xogar primeiro no Maiwand FC e despois no Kabul Bank Football Club, onde xoga na actualidade. Debutou coa selección de fútbol de Afganistán no ano 2005.

Véxase tamén Ligazóns externas national-football-teams.com

Categoría:Nados en Cabul Categoría:Nados en 1985 Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Futbolistas de Afganistán Categoría:Xogadores do PTV Islāmabād Categoría:Xogadores do Maiwand FC Categoría:Xogadores do Kabul Bank Football Club Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Afganistán