As anafilotoxinasDiccionario galego de termos médicos. Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia. (2002). Non trae o termo como tal pero aparece de forma contraditoria en dúas entradas. Ver apotoxina (anafilotoxina) na páxina 56 e proteotoxina (anafilatoxina) na páxina 641.J. P. Martínez. Inmunología. Piramide. 1994. Páxina 440 (anafilotoxina). ISBN 84-368-0828-2. , ou anafilatoxinasDiccionario Terminológico de Ciencias Médicas. Masson. 13ª edición. (1999). Páxina 60. ISBN 84-458-0095-7., tamén chamadas péptidos do complemento, son os fragmentos peptídicos C3a, C4a e C5a, que se producen como parte da activación do sistema do complemento (que causa a lise de bacterias invasoras). Os compoñentes do complemento C3, C4 e C5 son grandes glicoproteínas que teñen importantes funcións na resposta inmune e na defensa do hóspede. Posúen unha gran variedade de actividades biolóxicas e son activadas proteoliticamente por clivaxe (corte) en sitios específicos, formando fragmentos chamados a e b. Os fragmentos a forman dominios estruturais característicos de aproximadamente 76 aminoácidos, codificados por un só exón do xene da proteína do complemento. Os compoñentes C3a, C4a e C5a son os que se denominan anafilotoxinas ou anafilatoxinas. Causan a contracción do músculo liso, liberación de histamina por parte dos mastocitos, e aumento da permeabilidade vascular. Tamén median na quimiotaxe, inflamación, e xeración de radicais do oxíxeno citotóxicos. Estas proteínas son moi hidrófilas, cunha estrutura principalmente en hélice alfa e con 3 pontes disulfuro.
Funcións
As anafilotoxinas poden desencadear a desgranulación (liberación de substancias almacenadas en gránulos) das células endoteliais, mastocitos ou fagocitos, que produce respostas inflamatorias locais. Se a desgranulación está moi estendida pode causar unha síndrome similar ao choque anafiláctico das reaccións alérxicas máis fortes.
As anafilotoxinas median indirectamente nos seguintes fenómenos: Contracción das células do músculo liso, orixinando, por exemplo, broncoespasmos. Incremento da permeabilidade dos capilares sanguíneos. Quimiotaxe. Movemento mediado por receptor dos leucocitos na dirección en que se incrementa a concentración de anafilotoxinas.
Exemplos Anafilotoxinas importantes:
C5a ten a actividade biolóxica específica máis alta e pode actuar directamente sobre os neutrófilos e monocitos para acelerar a fagocitose de patóxenos. C3a funciona con C5a activando a mastocitos, recrutando anticorpos, o complemento e células fagocíticas e incrementando o fluído extracelular nos tecidos, todo o cal contribúe á iniciación da resposta inmunitaria adaptativa. C4a é a anafilotoxina menos activa.
Terminoloxía Aínda que algunhas drogas (morfina, codeína, ACTH sintética) e algúns neurotransmisores (noradrenalina, substancia P) son importantes mediadores da desgranulación dos mastocitos e basófilos, estas substancias non se denominan xeralmente anafilotoxinas. O termo resérvase normalmente aos fragmentos do sistema do complemento.
Proteínas humanas que conteñen este dominio C3, C4A, C4B, C4B-1, C5, FBLN1, FBLN2
Notas
Véxase tamén Outros artigos Alerxia Receptores das anafilotoxinas Anafilaxe Sistema do complemento Inflamación
Ligazóns externas MeshName - Anaphylatoxin
Categoría:Inmunoloxía