La Cuenca del Eo foi un periódico publicado en Ribadeo entre 1866 e 1867.

Historia e características

Subtitulado Periódico de noticias e intereses morales y materiales, apareceu o 5 de maio de 1866. De periodicidade semanal, estaba impreso por Norberto Cascante e dirixido por Segundo Moreno Barcia e Benigno Pico Bermies. Publicaba fundamentalmente información sobre Ribadeo. Cesou a súa edición o 29 de xaneiro de 1867.

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Lugo

Categoría:Prensa escrita de Ribadeo Categoría:1866 en Galicia