James Kevin "Jim" Ward, nado en Nova York, Estado de Nova York, o 19 de maio de 1959 e finado nos Ánxeles o 10 de decembro de 2025, foi un actor estadounidense de cinema e televisión, especializado nas dobraxes. Ward foi coñecido polos seus papeis en animacións e videoxogos, sendo a voz de Captain Copernicus Leslie Qwark en Ratchet & Clank, Diamondhead en Ben 10 e Ben 10: Destroy All Aliens, Henry Peter Gyrich en The Avengers: Earth's Mightiest Heroes, Chet Ubetcha e Doug Dimmadome en The Fairly OddParents, Angus en The Secret Files of the Spy Dogs, e Professor Xavier en Wolverine and the X-Men.
En 2006, Ward interpretou a Eyemore, Crusher e Stoker en Biker Mice from Mars, que é un remake da serie orixinal da década de 1990. Polo seu papel na serie, gañou un Premio Daytime Emmy pola mellor actuación nun programa animado.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb
Categoría:Actores dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Nova York Categoría:Nados en 1959 Categoría:Finados en 2025