Ribadense foi un semanario publicado en Ribadeo entre 1909 e 1920.

Historia e características Semanario conservador que apareceu en febreiro de 1909. Imprimiuse nos talleres de César González-Seco, de Mondoñedo, e nos últimos anos na tipografía de Francisco Lanza, de Ribadeo. Estaba dirixido por Marcial de Mira Leiras. Publicaba novas locais e galegas, os problemas do campo, as loitas sociais e a I Guerra Mundial e a de Marrocos. Cesou a súa publicación en febreiro de 1920.

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Lugo

Categoría:Prensa escrita de Ribadeo Categoría:1909 en Galicia