Un inmunóxeno é unha substancia que ten a capacidade de inducir a inmunidade humoral ou a mediada por células en lugar da tolerancia inmunolóxica. Ferencik et al. describen un inmunóxeno como un antíxeno completo que está composto dun portador macromolecular e de epitopos (determinantes antixénicos). Ás veces o termo inmunóxeno utilízase intercambiablemente co termo antíxeno, pero o termo antíxeno significa tanto inmunoxenicidade coma tamén a capacidade de reaccionar cos produtos da mesma, como son os anticorpos ou receptores TCR. Ademais, un antíxeno é unha substancia que pode unirse a un anticorpo específico.
A distinción entre eles está na sutil diferenza entre inmunoxenicidade e antixenicidade. A inmunoxenicidade é a capacidade de inducir unha resposta inmunitaria humoral ou celular"Kuby Immunology" 6th edition, Macmillan, 2006, pg. 77 ISBN 1-4292-0211-4, ISBN 978-1-4292-0211-4., mentres que a antixenicidade é a capacidade de combinarse especificamente cos produtos finais da resposta inmune (anticorpos segregados ou receptores de superficie das células T), cousa que non todos os inmunóxenos poden facer. Deste xeito, todo inmunóxeno pode ser un antíxeno, pero non todo antíxeno é un inmunóxeno.
Notas
Categoría:Inmunoloxía