miniatura|right|250px|Os amieirais ocupan brañas e lameiros, lugares moi húmidos. Amieiral de A. glutinosa no río Landro, Galicia. 150px|miniatura|Amieiral en Helsinqui. Alnus é un xénero da familia das Betuláceas. Contén 30 especies de árbores e arbustos monoicos (moi poucos deles acadan un gran tamaño), denominados comunmente amieiros, distribuídos por todo o mundo. Presentan follas ovadas e co bordo dentado. As flores son en forma de amentos, os masculinos alongados e os femininos curtos, ambos na mesma planta.
En Galicia só atopamos unha especie propia, o Alnus glutinosa (amieiro común), que é propio das ribeiras, lameiros e brañas.
Clasificación O xénero divídese en tres subxéneros:
Subgénero Alnus. Árbores. Amentos masculinos e femininos producidos no outono, mais fican pechados durante o inverno, polinizando a finais do inverno ou principios da primavera. Arredor de 15-25 especies, entre elas: Alnus acuminata Humb., Bonpl. & Kunth. Cordal dos Andes, América do Sur. Alnus cordata Desf. Italia Alnus cremastogyne Burk. Alnus firma Sieb&Zucc; "Yashabushi". Kyūshū (Xapón) Alnus glutinosa (L.) Gaertner; Amieiro (ou ameneiro), amieiro negro, o amieiro por excelencia en Europa, Alisa. Especie europea. Alnus incana (L.) Moench; Amieiro cinsento. Eurasia. Hai unha variedade especialmente apreciada en xardinaxe pola follaxe amarela, o Alnus incana 'Aurea, Amieiro dourado. Alnus hirsuta (A. incana subsp. hirsuta). Nordés de Asia, e Asia central nas montañas. Alnus oblongifolia (A. incana subsp. oblongifolia). Suroeste de América do Norte. Alnus rugosa (A. incana subsp. rugosa). Nordés de América do Norte. Alnus tenuifolia (A. incana subsp. tenuifolia). Noroeste de América do Norte. Alnus japonica (Thunb.) Steud.; Amieiro xaponés. Xapón Alnus jorullensis Humb., Bonpl. & Kunth. México, Guatemala. Alnus mandshurica (Call.) Hand. Extremo oriente ruso, China, Península de Corea. Alnus matsumurae Call.; "Yahazu-han-no-ki". Honshū (Xapón). Alnus nepalensis D. Don. Himalaia oriental, suroeste da China. Alnus orientalis Decaisne. Turquía meridional, noroeste de Siria, Chipre. Alnus pendula Matsumura; "Himeyashabushi". Xapón e península de Corea. Alnus rhombifolia Nutt; Interior do oeste de América do Norte. Alnus rubra Bong; Amieiro vermello. Costa oeste de América do Norte. Alnus serrulata (Aiton) Willd. Leste de América do Norte. Alnus sieboldiana Matsum.; "Ôbayashabushi". Honshū, Xapón. Alnus subcordata C. A. Meyer. Cáucaso, Irán. Alnus trabeculosa Handel-Mazzet "Sakuraba-hannoki". China, Xapón.Subgénero Clethropsis. Árbores ou arbustos. Amentos masculinos e femininos producidos no outono, espallándose e polinizando logo. Tres especies: Alnus formosana Mak. Alnus maritima Nutt. Costa leste de América do Norte e mais unha poboación illada en Oklahoma. Alnus nitida (Spach) Endl. Himalaia occidental.Subgénero Alnobetula.''' Arbustos. Amentos masculinos e femininos producidos a finais da primavera (despois de agromaren as follas) espállanse e polinizan logo. Unha especie, catro subespecies: Alnus viridis DC; Amieiro verde. Subespecies: Alnus viridis subsp. viridis. Eurasia. Alnus viridis subsp. maximowiczii (A. maximowiczii). Xapón. Alnus viridis subsp. crispa (A. crispa). América do Norte setentrional. Alnus viridis subsp. sinuata (A. sinuata''). América do Norte occidental, até o nordés de Siberia.
Usos Un dos seus usos máis coñecidos é a fabricación dos corpos de guitarras, sobre todo as Fender Stratocaster e Fender Telecaster, por mor á súa tensión e ton balanceados, substituíndo así á caoba, que si se mantén nalgúns modelos de Gibson Les Paul.
En Galicia o amieiro empregábase para tinturas e a súa madeira para fabricar zocas.
Notas
Véxase tamén Amieiro
Ligazóns externas
Flora Europaea: Alnus Flora of Bolivia: Alnus Flora of China: Alnus Flora of North America: Alnus Flora of Pakistan: Alnus