Pedro Gual Villalbí, nado en Tarragona o 20 de setembro de 1885 e finado en Barcelona o 12 de xaneiro de 1968, foi un economista e político catalán. Traxectoria
Estudou en Barcelona e Leeds, militante da Lliga Regionalista, durante a ditadura de Primo de Rivera foi secretario da patronal catalá, Fomento do Traballo. Apoiou a sublevación do exército contra o goberno da República e foi elixido membro do Consello de Economía Nacional en 1940. Entre 1957 e 1960 foi ministro sen carteira. Obras Memorias de un industrial de nuestro tiempo (1922) Teoría y técnica de la política aduanera y de los tratados de comercio (2 vol) Curso de política económica contempóranea (9 vol) Preocupación actual por una política de familia y relación con la política económica (1945)
Categoría:Políticos da Lliga Categoría:Nados en Tarragona Categoría:Nados en 1885 Categoría:Finados en 1968 Categoría:Ministros de España Categoría:Membros da Asemblea Nacional Consultiva Categoría:Académicos de número da Real Academia de Ciencias Morais e Políticas