Joaquín Martín Martínez, nado na Coruña en 1878 e finado na mesma cidade o 31 de agosto de 1936, foi un funcionario, xornalista e político galego.

Traxectoria Propietario do Colexio Integral e logo do Grupo Escolar. Foi elixido concelleiro da Coruña en decembro de 1909 e Presidente da Juventud Republicana da Coruña (1911). Funcionario do Concello da Coruña, do que chegou a ser secretario nos anos dez. Membro da Liga Gallega e de Solidaridad Gallega, foi secretario da I Asemblea Agraria de Galicia. Foi detido e estivo preso polos sucesos da folga xeral de 1917. Dirixiu o semanario Acción Coruñesa e a revista Galicia Industrial y Comercial a partir de febreiro de 1929.El Pueblo Gallego, 8-2-1929, p. 8. Militou no Partido Reformista de Melquíades Álvarez e na República en Unión Republicana.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado na Coruña por rebelión militar foi condenado a pena de morte. Foi executado no Campo da Rata o 31 de agosto de 1936, xunto a Alfredo Suárez Ferrín, Manuel Guzmán García, Francisco Prego Campos, Ramón Maseda Reinante e Francisco Mazariegos Martínez.La Voz de Galicia, 1-9-1936, p. 4. Recoñecementos

Unha rúa da Coruña leva o seu nome. Vida persoal Casou con Elvira Rodríguez, filla de José Rodríguez Martínez, e foi pai do futbolista e adestrador Cheché Martín.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Contribucións a unha historia da Universidad Popular da Coruña

Categoría:Concelleiros da Coruña Categoría:Concelleiros de Galicia durante a Restauración Categoría:Xornalistas da Coruña Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1878 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega