Pori (en sueco Björneborg, e en latín Arctopolis) é unha cidade de Finlandia, situada no oeste do país, na rexión de Satakunta (da cal é capital). Ten unha poboación de 83.303 habitantes segundo o censo de 2012.
Topónimo O nome Pori vén da palabra borg ("castelo") do nome orixinal en sueco cunha adaptación á pronunciación finesa.Paikannimet kahdella kielellä – pitkä kulttuuriperinne por Peter Slotte en Kotimaisten kielten tutkimuskeskus (16 January 2007) O nome en sueco Björneborg significa "castelo do oso", e o nome grego Arctopolis significa "cidade do oso".
Demografía
1910 - 13.482 1910 - 13.981 1920 - 13.928 1930 - 15.966 1940 - 18.230 1950 - 43.306 1960 - 52.542 1970 - 72.983 1974 - 80.443 1978 - 79.815 1980 - 78.405 1984 - 78.933 1988 - 76.789 1990 - 76.357 1994 - 76.561 1998 - 76.375 2000 - 75.994 2004 - 76.152 2005 - 76.144 2006 - 76.185 2007 - 76.255 2008 - 76.426 2009 - 76.539 2010 - 82.917 (31-5-2010)
Fonte:Porin kaupungin tilastollinen vuosikirja 2009
Xeografía Río e delta O levantamento xeolóxico logo da idade do xeo foi relatívamente alto na boca do río Kokemäenjoki. En 1558, cando se fundou a cidade, foi situada na beira da baía de Pori. A causa deste levantamento o delta do río comeza agora na fronte da cidade. A área recreativa de Kirjurinluoto está actualmente nunha illa conectada con pontes á terra. O Parque Nacional Urbano de Pori preserva a historia das fases de desenvolvemento da cidade.
Clima 17px Pori(1981-2010) Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Ano Temperatura máxima media (°C) -3 -3 1 8 14 19 21 20 14 8 2 -1 8,3 Temperatura mínima media (°C) -8 -9 -5 -1 4 9 12 10 6 3 -2 -5 1,2 Precipitacións (mm) 26,6 20,7 24,1 20,6 20,0 36,9 36,2 42,5 35,5 37,4 29,6 30,2 360,3''Fonte: Foreca
Cultura En Pori encóntrase o Museo de Satakunta, un museo de historia fundado en 1888. O Museo de Satakunta presenta a historia da provincia de Satakunta e da cidade de Pori. O edificio que alberga o museo foi deseñado en 1973. O Museo de Arte de Pori é un museo de arte contemporánea e moderna, inaugurado en 1979 e ten como base as coleccións da coleccionista local de arte e mecenas Maire Gullichsen. A sede do museo encóntrase nunha antiga casa de pesaxe constuida orixinalmente en 1860. Outros museos da cidade son o Museo Rosenlew, que presenta a herdanza industrial da empresa Rosenlew e o museo de historia natural Luontotalo Arkki. Toivo é o centro de renovación do Museo de Satakunta, nel preséntanse xeitos tradicionais de restauración de casas de madeira cunha exhibición dunha casa típica de principios de 1900.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina Oficial
Categoría:Pori