Satellite Stories é unha banda de música de indie pop formada en Oulu. A banda está formada por Esa Mankinen (voz e guitarra), Marko Heikkinen (guitarra), Jyri Pesonen (baixo) e Olli-Pekka Ervasti (batería). O seu primeiro álbum, Phrases to Break the Ice, foi estreado polo selo independente XYZ Berlin o 21 de setembro de 2012. A finais de 2012, a banda fixo público un contrato coa compañía BMG.

Traxectoria A súa música e as súas actuacións en directo foron louvadas por revistas de música británicas e medios como NME, Q, Clash, MTV UK e The Fly.

A banda lanzou o seu segundo álbum de estudio, Pine Trails, a finais de 2013. En agosto de 2014, a banda comezou a gravar o seu terceiro álbum no Reino Unido xunto co produtor Barny Barnicott. Barnicott traballou previamente con Arctic Monkeys, The Temper Trap e Editors.

Membros da banda Esa Mankinen - guitarra, voz Marko Heikkinen - guitarra Jyri Pesonen - baixo Olli-Pekka Ervasti - Batería

Discografía Álbums de estudio Phrases to Break the Ice (2012) Pine Trails (2013) Vagabonds (2015) Young Detectives (2017) Cut Out the Lights (2018)

EPs Promo EP (2010) Scandinavia EP (2012) Singles Remixed EP (2013)

Sinxelos Family (2011) Blame the Fireworks (2011) Anti-lover (2012) Sirens (2012) Kids Aren't Safe in the Metro (2013) Scandinavian Girls (2013) Campfire (2013) The Trap (2014) Heartbeat (2015) Campus (2015) Miracle (2016) Confetti (2017)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Grupos musicais de indie pop Categoría:Grupos musicais de Finlandia Categoría:Grupos musicais formados en 2008 Categoría:Grupos musicais separados en 2018