Victoriano Piñeiro Acosta, nado en Vilagarcía de Arousa en 1920 e finado no mesmo concello o 9 de outubro de 1993,La Voz de Galicia, Arousa, 10.10-1993, p. 45. foi un político galego.
Traxectoria Con estudos en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Foi procurador dos tribunais. Traballou como auditor e xestor en Vilagarcía de Arousa onde foi designado concelleiro en 1960. Cinco anos despois, en 1965 foi nomeado, pola ditadura franquista, alcalde da cidade, cargo que ocupou ata a súa dimisión en 1976. Tamén ocupou un escano de deputado provincial durante máis dunha década. Durante o seu mandato como alcalde, Vilagarcía coñeceu unha excesiva expansión urbana.
Adquiriu xudicialmente, sendo alcalde de Vilagarcía de Arousa, o pazo Quinteiro da Cruz, en Lois, onde conseguiu unha importante colección de camelias. Aínda que aceptado como pazo na propaganda institucional, especialmente a financiada pola Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra e Concello de Ribadumia, e mesmo declarado BIC en 2003, o certo é que a propiedade que adquiriu con data do 31 de xaneiro de 1976, asinada a adquisición pola súa dona, María del Carmen Lago, era unha propiedade no lugar de San Fiz de Lois que incluía unha 'quintería de labor formada por casa en completo estado de ruína e horta totalmente abandonado o seu cultivo'. A devandita rústica nunca fora un pazo, non tiña capela e tampouco tiña ningún elemento heráldico como foi acreditado en sé xudicial, no Xulgado de Instrución número 2 de Santiago de Compostela, na vista pola denuncia de Beatriz Piñeiro Lago a un dos herdeiros das antigas propietarias da casa de labranza e da leira, María, Josefa e Rosalía Gómez Fernández, proceso no que o devandito herdeiro foi absolto. Existen documentos fotográficos nos arquivos do Ministerio de Defensa que proban o salientable cambio da leira e da casa posterior a xaneiro de 1976.
Recoñecementos Medalla de Ouro de Vilagarcía. Foi nomeado alcalde honorario perpetuo e fillo predilecto de Vilagarcía.
Vida persoal Casou con Maruxa Lago, e foi pai de Carmen, Beatriz, Teresa e Pedro Piñeiro Lago.
Notas
Categoría:Nados en Vilagarcía de Arousa Categoría:Nados en 1920 Categoría:Alcaldes de Vilagarcía de Arousa Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Finados en 1993 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela