O Reino Suevo (en latín: Regnum Suevorum), reino dos suevos, Reino Suevo de Galiza (en latín: Gallaecia suevorum regnum) ou Reino de Galiza foi un reino xermánico posromano que existiu no noroeste da Península Ibérica entre o ano 411 e o 585, e que se configurou como a estrutura política máis antiga das actuais rexións de Galiza e o norte e centro de Portugal, despois da caída do Imperio Romano de Occidente. Foi o primeiro estado medieval da Europa occidental continentalLópez Carreira (1996), p. 10.: nas Illas Británicas foi anterior en Gales o Reino de Dyfed, logo da fin do dominio romano en Britania.

Os suevos eran un pobo xermánico que entraron no noroeste da Península Ibérica en 409 nunha vaga migratoria ou guerreira xunto cos vandalos e os alanos, mais con pouca poboación (entre vinte mil e trinta e cinco mil persoas). Inicialmente ocupou as rexións costeiras das provincias romanas de Gallaecia e do norte de Lusitania, establecendo a súa capital en Braga, tomando o control do territorio rapidamente mais, debido ao seu número reducido, non modificaron grandemente a estrutura nin a cultura dos territorios onde se asentaron. O reino, de facto, foi creado polos suevos contra o 409, ao conquistaren a zona occidental da península e, durante o século VI converteuse nun reino identificado formalmente coa antiga provincia romana da Gallaecia. Mantivo a súa independencia ata o ano 585, cando foi anexionado polos visigodos e se converteu na sexta provincia do Reino visigodo de Toledo.

Ao longo do século V o reino iniciou unha serie de campañas militares exitosas na Península Ibérica. No ano 419, Hermerico controlaba toda a provincia de Gallaecia. Durante o reinado de Requila os suevos conquistaron algunhas das cidade romanas máis importantes, como Mérida (439), capital de Lusitania, Mértola (440) e Sevilla (441), capital da Hispania Bética. No entanto, en 456 os suevos foron derrotados por un exército de foederati enviado polo emperador Avito (r. 455–456). A execución do rei Requiario deu orixe a unha crise sucesoria e guerra civil no reino suevo, na que dúas faccións competiron polo trono. En 460, Remismundo uniu as dúas faccións e converteuse en rei, conquistando as cidades romanas de Conímbriga (468) e Lisboa (469). Praticamente non existem fontes documentais sobre a historia do reino entre o ano 470 e o 550, intervalo que os historiadores denominam período obscuro.

Na segunda metade do século VI convocáronse varios concilios católicos no reino que confirmaron a conversión da corte ariana ao catolicismo e consolidaron o papel da Igrexa na administración do territorio. O arcebispo de Braga, Martiño de Dumio, presidiu varios concílios e promoveu o renacmento cultural e político do reino. A Igrexa galega transformouse nunha institución política do Reino e formalizouse a distribución interior demográfica de Galiza en parroquiasLópez Carreira (2005), p. 187, erixidas en boa parte sobre asentamentos prerromanos.

Durante a década de 570 o veciño Reino Visigodo, que dominaba xa a maior parte da Península, iniciou unha serie de campañas no norte e en 576 atravesou as fronteiras da Gallaecia. En 583 o rei Miro foi derrotado en Sevilla e forxado a asinar un tratado de fidelidade cos visigodos. En 585, o Reino Suevo foi invadido polo exército do rei Leovixildo e anexionado ao Reino Visigodo.

O Cronicón de Hidacio é unha das fontes que máis datos nos fornecen sobre a estadía deste pobo no noroeste peninsular e posúe gran valor por tratarse dunha fonte contemporánea dos feitos sinalados.

O sistema monetario Galaico-Suevo foi o primeiro en emanciparse do Imperio Romano de Occidente.

Fontes Documentais Non se conservan de documentos do reino propiamente ditos, diplomas, como na maior parte dos estados xermánicos desta época, pero hai varias fontes cronísticas coetáneas. A fundamental é O Cronicón de Hidacio onde os suevos ocupan un papel central e malia á visión moi negativa do autor informa de varias circunstancias históricas deles de primeira man.

Na Historia de Orosio, tamén do século V, conta un pouco menos xa que pretende ser unha historia do mundo pero relata cousas da contorna galega do autor. Xa do século VI hai con varias obras de tipo cronístico (Xoán de Biclaro e Isidoro de Sevilla), literario (san Martiño, Gregorio de Tours, Venancio Fortunato) e mesmo as actas (ou semellante) dos tres concilios suevos. Son especialmente valiosas as actas do Primeiro Concilio de Braga e do Segundo Concilio de Braga (ambos presididos por san Martiño).

Tamén é unha fonte excepcionalmente valiosa sobre a época o Parrochiale suevum que é unha organización territorial do reino que deberá formar parte das actas dun suposto concilio en Lugo.miniatura|Moeda sueva de ouro (411-450).|200x200px Numismáticas e arqueolóxicas

Outras fontes valiosas son as numismáticas. Requiario foi o primeiro rei bárbaro en cuñar moeda propia: IUSSU RECHIARI REGIS (Por orde de Requiario)Imaxe da moeda do rei Requiario. E noutras a lenda gallica mvnita sinala que o reino era do territorio de Gallaecia superando os estreitos marcos étnicos propios das primeiras monarquías xermánicas.

Tamén nos falan do reino os achados arqueolóxicos. Apareceron necrópoles e outros asentamentos que enlazan co baixo imperio romano e mostran a relevancia cultural e de poboación da época, tanto como a súa conexión ininterrompida coas fases inmediatamente posteriores e anteriores.

Historia

Gallaecia e o norte de Lusitania eran provincias remotas do Imperio Romano. Ao contrario doutros pobos bárbaros, como os vándalos, os visigodos, os ostrogodos ou os hunos, que tiveran un papel importante na perda das provincias occidentais de Roma, os suevos praticamente non constituían unha ameaza para os intereses de Roma. Ao longo da súa historia como nación independente, os suevos mantiveron unha actividade diplomática significativa, principalmente co Imperio Romano de Occidente, cos vándalos, visigodos e, máis tarde, cos francos.

Orixe e migración dos suevos

miniatura|Territorios conquistados durante o reinado de Requila entre 438 e 448, incluíndo as cidades romanas máis importantes como Mérida, Mértola e SevillaOs suevos, procedentes do interior de Europa, concentráronse na súa chegada á Península Ibérica entre o Douro e o Miño, na zona de influencia de Braga. Os demais pobos invasores canda os suevos repartíronse o territorio: os vándalos silingos ocuparon a Bética, os suevos a zona occidental da Gallaecia e os vándalos asdingos ocuparon a parte leste. Os suevos nomearon rei a Hermerico (409-438) e estableceron o seu reino no citado territorio. É posible que Hermerico asinara un foedus con Roma no 410 ou 411, mais a distribución dos pobos bárbaros verase alterada por mor da intervención dos visigodos, entre os anos 418 e 421, que axudaron ó emperador Honorio a botar fóra ós vándalos silingos e mailos alanos. No ano 420 os vándalos asdingos, con Gunderico á cabeza, atacan ós suevos, o que provoca unha nova intervención romana en axuda ós suevos na batalla dos montes Nervasos. Os vándalos batéronse en retirada cara ao sur, deixando o sitio para os suevos, que tiveron, agora si, un reino que abranguía toda a antiga provincia romana da Gallaecia.miniatura|140px|Estatua de Requiario na fachada leste do piso principal do Palacio Real de Madrid.|esquerda

Durante todo o século V, os enfrontamentos entre os suevos e a aristocracia galaico-romana foron habituais. Debido á súa enfermidade, Hermerico abdicou no ano 438 en favor do seu fillo Requila (438-448), quen emprendeu unha política expansiva que fixo que os suevos se consolidasen no norte da Lusitania. Oficializou a capital do reino en Braga, e espallou o reino cara ao sur, conquistando Mérida, a capital da Lusitania, no ano 439 e chegando a tomar Sevilla no ano 441. A Requila sucedeuno Requiario (448-456), primeiro rei suevo nado en territorio galaico, que adoptou o catolicismo no 449, o que produciu unha pronta fusión entre a poboación xermánica e a galaicorromanaGonzález López (1978). No ano 456 tivo lugar a batalla do río Órbigo, que enfrontou a suevos e visigodos, os cales loitaban contra o expansionismo suevo. Os visigodos derrotaron aos suevos, o que tivo como consecuencia o asasinato de Requiario e o saqueo de Braga polos visigodos.

dereita|miniatura|Sunierico iniciou a conquista de Hispania cun exército romano-visigodo por orde do emperador Maioriano. dereita|200px Trala derrota fronte aos visigodos, o reino suevo dividiuse en poucos anos entre varios candidatos ao trono. A situación de suposta desaparición do reino, viuse favorecida en Roma pola influencia sueva de Recimiro en Maiorano. Dous novos reis gobernáron simultaneamente Frantán e Aguiúlfo. Ámbolos dous fixérono dende 456 ata 457, ano no que Maldras (457-459) reunificou o reino, para acabar sendo asasinado tras unha conspiración romano-visigoda que finalmente fracasou. A pesar de que a conspiración non conseguiu os seus auténticos propósitos, o reino suevo viuse novamente dividido entre dous reis, Frumario (459-463) e Remismundo (fillo de Maldras) (459-469) que reunificou novamente o reino do seu pai no 463 e gozou de boas relacións cos visigodos: no ano 464 Remismundo acode xunto a Teodorico e recibe "armas, regalos e unha esposa" en palabras de Idacio. Tal é así que tras a chegada de Aiax, enviado desde a Galia vense obrigados a adoptar o arianismo no 465 debido á influencia visigoda.

Trala morte de Remismundo entrouse nunha época escura, que durou ata 550, ano no que desaparecen practicamente todos os textos escritos. O único que se sabe desta época é que moi probabelmente Teodemundo gobernou Suevia.

A época escura rematou co reinado de Carriarico (550-559), que se converteu novamente ao catolicismo no 550. Sucedeuno Teodomiro (559-570) (non se confunda con Teodomiro, duque (dux) do século VIII, gobernador de provincia visigoda de Aurariola). Posteriormente, coa dominación islámica, e mercé a un famoso e documentado Tratado asinado con Abd al-Aziz ibn Musa en abril de 713, gobernou a título de rei un territorio cristián visigodo autónomo dentro de Al-Ándalus, denominado ``kora de Tudmir``, territorio que abarcaba aproximadamente as actuais provincia de Alacant e a Rexión de Murcia, composto polas chamadas sete cidades que se citan no tratado, con capital en Orihuela. durante o reinado do cal tivo lugar o Primeiro Concilio de Braga (561), no que se tratou a cuestión priscilianista e os problemas internos da Igrexa. Durante esta época, entre os nativos galaicos e os suevos desaparecerían as diferenzas, este feito tería por resultado que os autores coetáneos se refiran ao reino nese momento como Galliciense RegnumHistoria Francorum. Gregorio de Tours, e aos reis indistintamente como Regem GalliciaeDe scriptoribus ecclesiasticis. Sigebertus Gembalensis., Rege Suevorum ou Galleciae totius provinciae rexRISCO, M., España Sagrada 40- 41..

Brillou nesta época o labor de Martiño de Dumio, recoñecido coma episcopi GallaeciaMartini Episcopi Bracarensis Opera Omnia pp. 288-304., impulsor dos devanditos concilios, da ordenación do territorio (Parrochiale suevorum) e da difusión do cristianismo fronte as crenzas pagás de raíz prerromana (De correctione rusticorum). Desempeñou funcións de auténtico chanceler do rei Teodomiro.

Miro (570-583) foi o seu sucesor. Durante o seu reinado celebrouse o Segundo Concilio de Braga (572), no que se chega a completar a creación dunha Igrexa "nacional" sueva dotándoa do seu propio deretio canónico que é recreado a partir dos principais concilios da Igrexa grega.García Moreno (1982), pp. 304-305