Migala foi unha banda de experimental española formada en Madrid en 1996. O grupo foi coñecido polos arranxos musicais complexos, variados e a miúdo catáticos, fortemente influenciados polo pop, o post-rock, o folk e a música tradicional española.
Aínda que Migala separouse en 2005, realizando o seu derradeiro concerto no Festival Internacional de Benicàssim, os membros da banda continúan noutros proxectos musicais: Abel Hernández con El Hijo, ao lado dos músicos Raúl Fernández, Xavi Mole e Kieran Stephen; Coque Yturriaga con Peakmood; e Kieran Stephen grava baixo o nome de Fantasy Bar. Nacho Vegas, ex-guitarrista de Manta Ray, foi un membro de Migala dende o álbum Arde ata Increíble Aventura, mentres que ao mesmo tempo publicaba discos en solitario e coa súa banda, Las Esferas Invisibles. Algúns dos membros do grupo tamén traballan no cine independente español.
Discografía Diciembre 3 a.m. - 1997 (Acuarela) Así duele un verano - 1998 (Acuarela) Arde - 2000 (Acuarela) Restos de un incendio - 2001 (Acuarela) La increíble Aventura - 2004 (Acuarela)
Categoría:Grupos musicais de post-rock Categoría:Grupos musicais da Comunidade de Madrid Categoría:Grupos musicais formados en 1996 Categoría:Grupos musicais separados en 2005