Tirso Lorenzo Rodríguez, nado en Tui o 15 de febreiro de 1877 e finado en Buenos Aires o 12 de xullo de 1943, foi un xornalista e escritor galego.

Traxectoria Fillo do perito agrónomo Manuel Lorenzo Rodríguez e irmán de Venancio Lorenzo Rodríguez. Estudou a carreira sacerdotal que interrompeu en 1893. Emigrou á Arxentina, onde traballou como xornalista, fundou o diario El Heraldo, na localidade bonaerense de Lincoln. Colaborou nos periódicos de Bos Aires La Nación, Caras y Caretas, El Hogar, El Eco de Galicia e Mundo Argentino, onde sobresaíu como crítico literario. Presidente da primeira Casa de Galicia, ao estalar a guerra civil española incorporouse á causa republicana, responsabilizándose do Centro Republicano Español, do Ateneo Pi y Margall e da dirección de España Republicana. Neste periódico redactou a sección fixa "Fuego graneado", dende a que destacou como defensor da democracia española.

Obras Antología de motivos poéticos, 1928. El celibato del doctor Adonis, 1932. Nuevos horizontes del idioma, 1936. Véxase tamén

Bibliografía

Tirso Lorenzo, un tudense xornalista na Arxentina

Categoría:Xornalistas de Tui Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Nados en Tui Categoría:Nados en 1877 Categoría:Finados en 1943